O
Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" surxe do acordo entre dúas entidades galegas: a Universidad da Coruña e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe (Fundación Isidro Parga Pondal) para desenvolver unha actividade científica e investigadora no eido da xeoloxía. Esta colaboración xa inicióuse informalmente en 1979 cando aún non existía a Universidade da Coruña aunque sí o Colexio Universitario da Coruña, dependente da Universidade de Santiago. Dese primer acordo tácito resultaron numerosas actividades reseñadas no apartado de actividades do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.
En 1994 a Universidade da Coruña e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe do Seminario de Estudos Galegos firman un convenio de colaboración en diversos ámbitos: publicacións científicas, ensino universitario, investigación e divulgación da Xeoloxía de Galicia e do Hercínico Peninsular que culmina coa creación do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal por Decreto publicado no D.O.G. 243/1997 número 156 de agosto de 1997. Para facilitar o logro dos obxectivos do citado convenio, e como consecuencia da voluntade das dúas entidades participantes, decidióuse nese momento utilizar a fórmula do Instituto Universitario que, de acordo co artículo 11 da ley de Reforma Universitaria (L.R.U.), son centros fundamentalmente adicados á investigación que poden realizar actividades docentes e de investigación referidas a enseñanzas especializadas ou relacionadas con programas de doutoramento e proporcionar asesoramento científico técnico.
O
Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" ten unha vocación integradora da Xeoloxía en todas as súas especialidades con todas aquelas disciplinas ou coñecementos que, aun non sendo propiamente xeolóxicos, relaciónanse directamente con ela e permiten unha utilización máis racional dos recursos da Universidad da Coruña e do Laboratorio de Laxe de indudable enraizamento na cultura, a historia e a ciencia de Galicia.