A datación absoluta de obxetos e xacementos arqueolóxicos é hoxe en día un recurso cada vez máis accesible para a comunidade arqueolóxica. As técnicas analíticas máis empregadas, o 14C e as técnicas de luminiscencia, teñen probado a sua eficacia en numerosos casos nun amplo rango de idades, dende centeares a miles de anos.
Os primeiros traballos realizados polo laboratorio estiveron adicados a caracterización xeocronolóxica de depósitos litorais. O mesmo tempo, imos desenrolando as metodoloxías necesarias para o análisis de mostras arqueolóxicas, dirixíndonos principalmente cara a validación de metodoloxías con mostras de idade coñecida (análisis de materiais medievais da Torre de Hércules) e a comparación de resultados con outros laboratorios de recoñecida competencia na datación arqueolóxica (intercalibración de procedementos co laboratorio do Instituto Tecnolóxico e Nuclear de Portugal).
- Datacións por luminiscencia de materiais arqueolóxicos ou sedimentarios.
- Datacións por nucleidos cosmoxénicos.
Investigador responsable: Jorge Sanjurjo Sánchez |
O Instituto realizará, en colaboración con outros organismos públicos ou empresas privadas que demanden a sua colaboración, actividades de asesoramento e emisión de dictámes en distintas áreas:
- Vías de comunicación (informes xeotécnicos). - Cimentacións (pontes, barraxes, etc.). - Taludes e deslizamentos (dinámica de vertentes). - Riscos de orixe interno (sismos). - Riscos de orixe externo (chéas, erosión, etc.). - Prevención da erosión natural ou inducida en zonas costeiras. - Prevención dos efectos das chéas. - Avaliación e cubicación de xacementos de minerais metálicos. |
- Avaliación e cubicación de pedreirras e areéiras. - Estudos hidroxeolóxicos. - Estudos de restauración de ribeiras. - Estudos de restauración de praias. - Estudos de restauración de explotacións mineiras (metálicos e áridos). - Localización de materiais orixinais empregados en construccións do patrimonio histórico artístico. |
Investigador responsable: Juan Ramón Vidal Romaní |
- Estudos de (paleo)dieta mediante isótopos estables (δ15N, δ13C).
As análises de isótopos estables de carbono e nitrógeno en colágeno óseo utilízanse en arqueoloxía para ampliar o espectro de información que os restos humanos e animais poden proporcionar. Estes valores están relacionados co tipo de dieta e hábitat, polo que permiten coñecer mellor a forma de vida das comunidades analizadas. A técnica baséase na existencia de distintos isótopos estables que se atopan na natureza nunhas proporcións determinadas segundo o compartimento que se estude. O paso dun compartimento a outro conlleva unha variación nesta proporción, que se denomina fraccionamiento isotópico. O colágeno óseo dos animais é unha proteína de gran tamaño cuxa función é conferir elasticidad e resistencia ao óso. Dependendo do contexto en que se atopou o fósil, pode perdurar con escasas alteracións durante varios miles de anos. Ao tratarse dunha proteína, o colágeno rexistrará os valores isotópicos procedentes da alimentación e do correspondente fraccionamiento que se produce durante a asimilación das sustancias nutritivas e a propia síntese do colágeno. Tamén se pode aplicar este estudo noutras proteínas, como a queratina que forma o pelo e uñas, ou outros tecidos animais. A técnica inclúe a extracción de colágeno, control de calidade do mesmo e valores isotópicos (d15N, d13C) obtidos mediante espectrometría de masas de relacións isotópicas (EMRI), ademais dun informe interpretativo. Outras opcións son a determinación isotópica en apatito óseo ou dental (δ13C e δ18O), ou estudos de procedencia xeográfica mediante isótopos de Estroncio.
Aplicacións: Restos óseos e dentales de contextos arqueolóxicos ou paleontolóxicos, mostras de fauna actual (pelo, uñas, músculo , etc.).
- Identificación de especies a partir da pegada peptídica (ZooMS).
Aínda que todos os animais parten dun único antepasado común, as distintas clases, ordes ou familias vanse separando ao longo do tempo, adquirindo trazos diferenciadores que xorden de variacións no seu ADN. Debido a isto, o coláxeno óseo, malia ser bastante similar en todos os animais, ten tamén certas diferenzas nas secuencias de aminoácidos. Estas diferenzas son as que van permitir a identificación taxonómica dun individuo a partir do seu colágeno óseo. O colágeno sométese a digestión cunha enzima proteasa que rompe específicamente en certos puntos da cadea de aminoácidos, producindo un conxunto de péptidos de diferentes tamaños que se analizan por espectrometría de masas MALDI-TOF (Matrix-Assisted Laser Desorption/Ionization). Obtense así un perfil no que algúns deses péptidos son característicos dun determinado taxón, podéndose alcanzar identificar a nivel de familia, xénero ou ata especie. O servizo, que se pode realizar coordinadamente co estudo isotópico, consiste na identificación por MALDI-TOF da pegada peptídica do colágeno óseo e un informe interpretativo.
Aplicacións: Restos óseos de difícil identificación en contextos arqueolóxicos, outros tipos de restos (por ex. fragmentos de óso incluídos en feces de carnívoros).
- ADN antiguo.
Investigadora responsable: Aurora Grandal d'Anglade |
- Estudos de impacto arqueolóxico.
- Estudos de posta en valor do patrimonio histórico-arqueolóxico.
Investigador responsable: Juan Luís Montero Fenollós |